Sunday 05 de May de 2024

Persoas usuarias de Amicos visitan as dependencias da Policía local pobrense


Media ducia de rapaces e rapazas do Centro de Educación Especial (CEEPR) da Asociación Amicos achegáronse nesta xornada ata A Pobra do Caramiñal para coñece-las dependencias e o funcionamento da Policía local. Acompañados do xefe do corpo, José Manuel Cameán, e de varios dos axentes, tiveron ocasión de subirse a algún dos vehículos e coñece-los recursos cos que se conta.

Esta visita é froito dunha iniciativa da nomeada asociación polo Día de San Valentín, na que as os alumnos e alumnas expoñían en cartas aquelas cousas que lles gustaban, sendo para un destes rapaces, a Policía local da Pobra do Caramiñal cando pasa coas luces e sereas.